O blogueiro Marcos Morales, máis coñecido coma Dixel, pasará un verán diferente este ano, xa que percorrerá a xeografía española nunha casa móbil de Vodafone (acompañado da súa muller e os seus 2 fillos) que pretende servir para demostrar ao consumidor as vantaxes de dispor de teléfono fixo e Internet sen fíos, e poderá seguirse a través dun blog feito expresamente para esta aventura.
A casa móbil (que estes días paseou por distintas cidades españolas para que os cidadáns puidesen botarlle un ollo) está recuberta de polietileno branco, as fiestras son de policarbonato transparente e a entrada da casa está cuberta de madeira de iroko, cun pequeno horto-maceta con tomates e leitugas. Ten 6 metros de longo por 2,5 de ancho e 3,85 de alto. Pesa 3.500 quilos e está sobre un remolque homologado estándar. Dispón de placas solares sobre un teito abatible capaces de abastecer 1.305 wh/día, estando o interior da casa iluminado por LEDs de baixo consumo e mobles de madeira branca de alto brillo con mecanismos antiapertura en movemento. Tampouco carece de vertedoiro, cociña de gas, neveira, microondas, mobles, aseo con ducha, zona de estar (cun sofá convertible en cama, mesa pregable e cadeiras pregables, dormitorio e, como non , o teléfono Neo 3.000 e o módem USB de Vodafone, para permitir que os desprazamentos pola península non supoñan deixar de estar conectados co mundo.
Esta aventura viaxeiro-blogueira comezará na segunda metade do mes.
Dixel viaxará por España nunha casa móbil de Vodafone
Compartir Este Artigo
