
Non é moi recomendable instalar actualizacións deste tipo cando non conta con garantía de autenticidade e neste caso parece ser que a súa instalación impide volver a unha versión anterior do firmware do iPhone.
De todos os xeitos, se alguén quere buscalo podemos indicar que a copia que circula pola Rede chámase iPhone1,2_3.0_7A341_Restore.ipsw e ocupa 230,1 Mbytes e descoñecemos se será igual á copia que se distribuirá para España, posto que certas características do móbil poderían depender da operadora de telecomunicacións que o comercialice (a opción de utilizar o móbil coma un modem USB non estará dispoñible en todo o mundo).
Fíltrase á Rede o firmware 3.0 do iPhone
Compartir Este Artigo
