WordPress, a ferramenta de publicación de blogs máis popular a nivel mundial, vén de estrear a súa versión 2.8 alcumada Baker en honra ao trompetista Chet Baker, e aínda que presenta unha aparencia moi semellante ao WordPress 2.7, conta cunha serie de melloras moi importantes como a instalación de temas cun só clic, máis posibilidades na instalación de engadidos (plugins), unha interface para a administración de widgets totalmente redeseñada , incremento de velocidade global do xestor de contidos e tamén corrixiron uns 790 fallos detectados.
Para botar unha ollada ás novidades que incorpora este CMS para a creación de blogs podemos ver o seguinte vídeo:
https://videopress.com/v/Pu3T4X8l
Xa está dispoñible o WordPress 2.8
Compartir Este Artigo
