A Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria creou unha nova páxina web que pretende converterse nunha ferramenta que sirva coma espazo común da divulgación e a comunicación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación en Galicia, atendendo ás demandas das persoas e entidades que veñen a traballar neste ámbito na nosa comunidade.
Divulgacion360.org ten coma obxectivos a creación dunha estrutura estable para a difusión e o potenciamento da divulgación da ciencia e a I+D+i en Galicia; aglutinar, unificar e coordinar nun único espazo toda a oferta de actividades de divulgación; ofrecer ao público interesado un único espazo no que informarse das actividades e recursos para a divulgación científica; ofrecer ás entidades organizadoras un espazo no que intercambiar ideas, experiencias, recursos… e potenciar as actividades de divulgación que se desenvolven en Galicia.
A web busca o fomento da participación colectiva e ten coma vocación «abranguer os 360 graos da comunicación e divulgación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación».
Divulgacion360.org recolle información sobre o I+D+i en Galicia
Compartir Este Artigo
