
Xoga con Fervello preséntase coma un espazo infantil, lúdico e interactivo, que pretende que os cativos desenvolvan a capacidade de aprendizaxe nas habilidades básicas dos primeiros anos de idade, acompañando aos personaxes protagonistas (os rapaces Xana e Fuco, o can Farragús e o morcego Fervello) a través de pequenas unidades lúdicas nas que é posible vestir aos cativos, preparar unha merenda, recoller o cuarto ou pintar.
Por outra banda, a web dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) permite compartir recursos, ferramentas, formación, información e modelos que sirvan de referencia e poidan ser trasladados a outros contextos educativos. Os contidos repártense en 4 grandes áreas (premios, formación, axudas e bibliografía) contando tamén con apartados nos que se recompilan mostras das principais accións desenvolvidas polos centros.
Política Lingüística estrea dúas novas páxinas web
Compartir Este Artigo
