
A sorpresa non vén pola declaración de culpabilidade de Thomas-Rasset, senón porque agardábase que a sanción fose claramente inferior, pois un dos argumentos para a anulación da sentenza anterior era que a multa debería ser proporcional ao número de descargas de cada canción (o que non detallara a acusación).
Esta sería a primeira das 30.000 denuncias que a RIAA emprendeu contra particulares nos EE.UU. polo uso do programa de intercambio de ficheiros KaZaA que rematou en xuízo, pois no resto de casos que coñecemos chegouse a un acordo entre as partes (de feito, Thomas-Rasset negárase a chegar a un acordo por valor de entre 3.000 e 5.000 dólares ao comezo da causa). De todos os xeitos, é posible que cheguen a un acordo unha vez rematado o xuízo, posto que a acusada o tería imposible para poder facer fronte á sanción imposta.
1,9 millóns de dólares de multa por compartir 24 cancións no KaZaA
Compartir Este Artigo
