Nos EE.UU. foi pouca a xente que pasou a noite na rúa para ser os primeiros en facerse cun iPhone 3G SCando o primeiro iPhone púxose á venda nos EE.UU. o lanzamento do produto foi un evento de asistencia masiva por todo o país, con grandes colas nas tendas de Apple, fenómeno que un ano despois contaxiouse a moitos outros países coma España ao lanzarse internacionalmente o iPhone 3G, pero desta volta a historia está moi lonxe de repetirse, e a chegada ás tendas de EE.UU., Reino Unido, Canadá, Francia, Alemaña, Italia, Suíza e España do iPhone 3G S está a ser moi discreta, quedando só coma unha sombra das concentracións que se vían o verán pasado, aínda que cómpre destacar que os cambios que presenta o novo terminal son moi reducidos (especialmente se o comparamos ao iPhone 3G co OS 3.0), polo que poucos serán os que se animen a renovar o seu iPhone se o mercaron hai menos dun ano. A cola por facerse cun iPhone 3G S en Madrid foi insignificante se a comparamos á do ano pasadoPor desgraza, parece que Telefónica tampouco aprendeu dos erros do ano pasado, e na Internet non faltaron comentarios de consumidores que atoparon que nas tendas de Telefónica carecían de información sobre o número de terminais que ían recibir hoxe, polo que repetiuse o caos organizativo que desagrada tanto aos usuarios que queren ser os primeiros en facerse co novo móbil (ou os que se animaron a facer cola por el, e finalmente quedan sen terminal). De todos os xeitos, a que debería ser a principal cola diante dunha tenda de Telefónica non pasou de ser unha mera anécdota, polo que supomos que non houbo grandes quebrantos por non poder facerse co desexado novo móbil. De feito, non son poucos os que apuntan que é un momento excelente para facerse co iPhone 3G a un prezo reducido. Parece que a febre do iPhone xa está só presente virtualmente, e aínda que en blogs e medios de comunicación continúe a falarse deste móbil coma se fose o único referente do sector, o certo é que un terceiro modelo non é tan interesante nin relevante coma o terminal pioneiro que levou o uso da web á palma da man, e que actualmente está ao alcance do público dende un amplo abano de móbiles. O iPhone nos seus 3 sabores continúa a ser o móbil preferido de moita xente, pois conserva un certo aquel, pero parece evidente que os terminais con Android, as BlackBerry ou os móbiles de Nokia tamén teñen moito que dicir.
Así recibiron o iPhone 3G S na tenda de Apple da 5ª Avenida de New York