Tras os rumores que apuntaban a que foi sometido a un transplante de fígado hai 2 meses, agora chegan informacións de que Steve Jobs xa volveu ao seu traballo en Apple esta mesma semana, aínda non hai declaracións oficiais ao respecto, e só unha testemuña que o veu no campus corporativo da compañía.
Dende Apple continúan mantendo o tema en segredo, no que xa é unha práctica bastante molesta por parte da compañía, que directamente mente nos seus comunicados oficiais para agochar a información relativa á saúde de Jobs, dando a impresión de que queren protexer o valor bolsista das participacións na compañía, pois a súa futura ausencia suporía a perda do que moitos consideran que é o corazón da empresa.
Steve Jobs podería terse reincorporado a Apple
Compartir Este Artigo
