
Dende a compañía aseguran que pecharán como mínimo 4 das súas oficinas fóra dos EE.UU., polo que a presenza da compañía en España podería verse seriamente comprometida, aínda que hai que admitir que apenas logrou penetrar no mercado español, e as súas campañas locais deixaron unha mala impresión, coma o nefasto sistema de votación para o concurso de Eurovisión de 2008.
De todos os xeitos, non parece que os recortes vaian salvar a MySpace da crise, pois coma plataforma para redes sociais perdeu todo o seu pulo inicial e agora parece verse limitado a un sistema de promoción de grupos musicais, algo moi afastado dos seus comezos, pero que permite definir un nicho no que manter o negocio a longo prazo (aínda que a un nivel menos ambicioso).
MySpace despedirá a 300 traballadores fóra de EE.UU.
Compartir Este Artigo
