Un xulgado de Hamburgo (Alemaña) ordenou á empresa de hospedaxe de arquivos Rapidshare a incorporar filtros efectivos para evitar que a través dos seus servidores estean dispoñibles 5.000 dos temas musicais do catálogo de GEMA (organización que representa a máis de 60.000 compositores) valorado en 24 millóns de euros.
Rapidshare xa borrara os temas reclamados dos seus servidores tras as esixencias da Industria musical, pero tiña que tomar medidas para que non puideran volver a compartirse tras a súa eliminación, pero os mecanismos empregados (baseados en códigos hash para identificar os ficheiros) non son efectivos na práctica, e agora deberán tomar maiores medidas de seguridade.
Distintos medios de comunicación publicaron nas últimas horas que Rapidshare tería que facer fronte a unha sanción económica de 24 millóns de euros, o que resultou ser unha mala interpretación da sentenza xudicial.
Rapidshare deberá tomar máis medidas para evitar a piratería musical
Compartir Este Artigo
