Atender unha demanda pouco explotada pode non xerar un gran volume de negocio, pero resultar moi rendible a longo prazo por achegar a un nicho de mercado virxe, e iso é o que parece que conseguiron dende FalseExpense, que están a ofrecer a través da web e para EE.UU. un servizo de impresión de recibos que algún podería considerar coma falsificación, pero podería ter usos lexítimos (non se responsabilizan do propósito das impresións).
Así, cando alguén quere devolver un produto pero o recibo que ten está en mal estado debido ao desgaste natural no papel térmico, esta opción podería resultarlle moi interesante, xa que dende FalseExpense utilizan este tipo de papel e permiten a impresión de tickets deseñados polo usuario ou elaborados por eles guiándose por instrucións coma o produto adquiro e o enderezo da tenda correspondente. Podería servir así tamén para a creación dun conxunto de recibos de hotel, restaurantes, transporte… para que unha persoa poida acreditar unha viaxe que puido (ou non) facer. Unha vez máis, a tecnoloxía serve para achegar coartadas (ou para xustificar as dietas dunha viaxe).
Unha web facilita a creación de recibos falsos
Compartir Este Artigo
