Nun momento no que o Walkman fai 30 anos do seu lanzamento no Xapón, un rapaz escocés de 13 anos decidiu experimentar a tecnoloxía do pasado e durante unha semana deixou aparcado o iPod para utilizar o Walkman. Cómpre destacar que Scott Campbell, o mozo detrás desta iniciativa, é un dos editores da web tecnolóxica Net New Daily e incluso escribiu distintas colaboracións para o popular blog Crunchgear.

Unha das cousas que experimentou o rapaz foi o uso da tecla de rebobinado como un elemento para ir a unha canción aleatoria, aínda que logo escoitou que tal práctica podería non ser moi recomendable, xa que os Walkmans tendían a tragar as cintas; pero a moitos resultaralles máis rechamante o feito de que Campbell tardase 3 días en decatarse de que as cintas tiñan dúas caras distintas (á vez que pensou que o conmutador normal/metal era para elixir un tipo de ecualización, cando era para indicar o tipo de casete utilizada).
En definitiva, que os Walkman son unha tecnoloxía do pasado, que pese a que non o pareza, é bastante diferente á dos reprodutores dixitais actuais, pese a coincidir en metáforas (como as iconas dos botóns), polo que a xente que non os utilizou no seu momento os verá como algo totalmente obsoleto, aínda que a xente de certa idade os mire de xeito nostálxico.
Un rapaz de 13 anos comparte a súa experiencia de uso dun Walkman durante unha semana
Compartir Este Artigo
