
As axudas para este ano contan cun orzamento aproximado de 1 millón de euros, por enriba dos 660.00 que se destinaron a esta mesma liña no 2008. A contía das achegas alcanzará ata o 45% da base impoñible do custo do ordenador ata un máximo de 350 euros, e está previsto que beneficien a uns 4.000 traballadores autónomos, casi o dobre dos que se acolleron a estas axudas o ano pasado.
Os beneficiarios tramitarán todas as solicitudes de axuda exclusivamente a través das tendas que teñan sido admitidas como entidades colaboradoras, e o traballador obterá ao instante o desconto na factura do ordenador que compre, posto que a Consellería de Economía e Industria reintegrará despois eses cartos á entidade colaboradora. O proceso de autorización das achegas é inmediato grazas a unha aplicación web que conecta aos puntos de venda coa Xunta de Galicia. O proceso está baseado na firma electrónica e aproveita todas as opcións legais de simplificación.
A Xunta achegará 1 millón de euros para axudar aos autónomos a adquirir ordenadores
Compartir Este Artigo
