A tenda de aplicacións en liña de Sony Ericsson, PlayNow Arena, abre oficialmente as súas portas en Austria, Bélxica, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Alemaña, Hungría, Irlanda, Italia, Países Baixos, Noruega, Polonia, Portugal, España, Suecia, Suíza e Reino Unido.
A través deste servizo póñense á venda música, aplicacións, xogos, tons, fondos de pantalla… aínda que polo momento hai poucos contidos dispoñibles, coma un par de aplicacións de balde, varias aplicacións a 3,99 euros, temas a 2,49 euros, fondos de pantalla a 1,49 euros e tons a 1,99 euros, o que ten toda a pinta de ser unha canle de ingresos máis para o fabricante de móbiles, cuns prezos que a primeira vista parecen un tanto elevados.
Chega a España a tenda de descargas para móbil de Sony Ericsson
Compartir Este Artigo
