Caixa Galicia será a primeira entidade bancaria europea en comercializar cupóns prepago para realizar compras a través da Internet e que poderán adquirirse nos 950 caixeiros da entidade galega distribuídos por toda España.
Os cupóns do servizo Paysafecard permiten efectuar operacións en liña de xeito cómodo e seguro, non precisando de dar información persoal ou bancaria, e que ata o momento só podían mercarse en oficinas de Correos, Telecor, Opencor e quioscos, pero grazas aos caixeiros ábrese a posibilidade de adquirir os cupóns sen límites horarios.
O sistema de pagamento Paysafecard é aceptado por máis de 2.700 tendas en liña, aínda que practicamente a única tenda virtual coñecida que emprega esta plataforma parece ser Amazon no Reino Unido, aínda que de xeito indirecto (para mercar certificados de regalo).
Caixa Galicia permitirá mercar cupóns Paysafecard nos seus caixeiros
Compartir Este Artigo
