Tras a decadencia das PDA, Palm ten moitas esperanzas postas no seu novo móbil Palm Pre, que presenta unha características físicas moi semellantes ao iPhone 3GS, e un sistema operativo bastante atractivo chamado webOS, e como tamén aconteceu no caso do móbil de Apple, Movistar faise coa exclusividade da distribución deste terminal para España, coma pode verse xa na páxina web en español do Palm Pre.
Aínda non se detallou o plan de prezos que terá este dispositivo, que nos EE.UU. sae máis barato que o iPhone, non polo custo directo do terminal, senón porque leva consigo unhas tarifas mensuais máis reducidas, de aí que o seu custo de posesión durante a duración do compromiso de permanencia adquirido sexa considerablemente inferior, o que supomos que tamén podería pasar en España.
O Palm Pre é un móbil con pantalla táctil de 3,1 polgadas cunha resolución de 480 x 320, con teclado físico QWERTY, conectividade UMTS/HSDPA, Wi-Fi e Bluetooth 2.1, GPS, correo electrónico POP3/IMAP e Microsoft Outlook con tecnoloxía Direct Push, cámara 3 Mpíxeles con flash LED, reprodución multimedia (compatible con ficheiros MP3, AAC, AAC+, AMR, QCELP, WAV, MPEG-4, H.263, H.264, GIF, JPEG, PNG e BMP, 8 Gb de memoria, conexión microUSB e toma para auriculares de 3,5 milímetros. Mide 59,5 x 100,5 x 16,95 milímetros e pesa 136 gramos (ou sexa, que o seu volume só é un 15% superior ao do iPhone 3GS pese a contar cun teclado físico, e o seu peso só é 1 gramos superior).

Movistar terá en exclusiva o Palm Pre en España
Compartir Este Artigo
