Non sen tempo, chega a versión de proba pública da aplicación para xestionar blogs feitos con WordPress dende terminais BlackBerry (a versión para o iPhone xa case ten 1 ano), operando tanto con bitácoras hospedadas en WordPress.com coma en servidores independentes (sempre que funcionen cunha versión 2.5.1 ou superior da ferramenta de publicación), sendo compatible cos dispositivos BlackBerry máis recentes (8700, Pearl, Curve, Bold e Storm) e precisa de BlackBerry OS 4.2.1 ou superior.
Os responsables da aplicación non recomendan o seu uso para blogs moi visitados, pois a ferramenta aínda non está depurada, polo que para usos fiables instan a agardar á versión 1.0 da aplicación.
Aínda que o microblogging móbil é moi popular, facer o mesmo con blogs resulta complicado, aínda que ferramentas coma esta facilita o proceso, e aínda que escribir longos textos dende un móbil non resulta cómodo, para a cobertura de acontecementos de máxima actualidade (ou para o seguimento de congresos) resulta moi práctica a existencias de ferramentas de publicación que poidan levarse a case calquera lugar.
https://videopress.com/v/GY1xBMjP
Demostración do funcionamento da ferramenta de WordPress para BlackBerry
Lanzan en probas unha aplicación para bloguear dende terminais BlackBerry
Compartir Este Artigo
