Amazon pechou un acordo de colaboración co Grupo PRISA para a distribución dos contidos das edicións impresas dos diarios El País, Cinco Días e As, que estarán dispoñibles mediante subscrición a través do lectores de libros electrónicos Kindle e Kindle DX.
Polo momento a oferta de xornais españois accesibles dende o Kindle limítase ao Diario Crítico, e nuns meses será posible acceder tamén ás publicacións mencionadas, pero polo momento só nos EE.UU., xa que o Kindle (que é unha combinación de produto e servizo) aínda non chegou a Europa.
As cabeceiras de prensa que actualmente están dispoñibles para o Kindle de Amazon actualmente teñen uns prezos que van dos 4,99 aos 14,99 dólares, o que supón un importante aforro con respecto das súas edicións impresas en moitos dos casos, aínda que haberá que agardar para ver cómo é a reacción do mercado a longo prazo, en boa medida porque a meirande parte destes contidos están accesibles de balde a través da Internet.
O Kindle de Amazon aceptará subscricións aos diarios El País, Cinco Días e As
Compartir Este Artigo
