A primeiros de ano Google anunciou o servizo Latitude, que permite compartir a localización dun usuario cos seus amigos, podendo controlarse quen ve a nosa posición e onde están no mapa os nosos compañeiros, pero nas últimas horas lanzouse a adaptación deste servizo ao iPhone e iPod Touch, de xeito que cando visitemos dende un destes trebellos a web google.com/latitude accederemos a unha páxina web que actualiza a nosa posición no mapa (tomada a través de GPS), aínda que polo momento só funciona para EE.UU., Reino Unido, Canadá, Australia e Nova Celandia.
A aplicación web de Google Latitude para Safari conta coas funcionalidades básicas do sistema (compartir a nosa posición, ver a posición dos nosos amigos e modificar a nosa configuración de privacidade), e precisamente non adaptaron esta ferramenta como aplicación para evitar a confusión con Google Maps.
Por desgraza, Apple non permite que aplicacións de terceiros poidan executarse en segundo plano, polo que non pode facerse que Latitude actualice o seu estado en tempo real, polo que para actualizar a nosa posición será preciso abrir a páxina web de Google Latitude. Curiosamente as versións para Android, Symbian, Blackberry e Windows Mobile non conta con esta limitación, deixando constancia dunha das limitacións máis molestas do móbil de Apple.
Google Latitude adáptase ao iPhone
Compartir Este Artigo
