O sistema operativo de Google para móbiles, Android, actualízase, e así chega a súa versión 2.0 ou Donut, nunha versión alpha, pero que xa pode probarse por parte dos máis atrevidos, e que presenta novidades coma o soporte para teléfonos CDMA (de xeito que operadoras sen 3G, como as norteamericanas Sprint ou Verizon poderán adoptar esta plataforma), incorpora tecnoloxía de texto-a-voz, novos widgets (para Wi-Fi, Bluetooth, GPS, e-mail e axustes de brillo dende a pantalla principal), soporte oficial para pantalla multi-táctiles, busca integrada en todo, soporte para encriptación WPA corporativo en redes Wi-Fi, soporte de VPN, copias de seguridade automatizadas e toda unha chea de pequenas melloras.
O novo sistema operativo móbil non pode empregarse só nun emulador, senón que incluso foi adaptado para o T-Mobile G1 (en España, o HTC Dream) polo que os máis impacientes poden botarlle un ollo ao futuro a medio prazo de Android.
Dispoñible a versión alpha de Android 2.0
Compartir Este Artigo
