
Este servizo ten como obxectivo satisfacer as necesidades destes emprendedores en materia de asesoramento, formación e información, de xeito que contempla accións dirixidas a autónomos, técnicos e asociacións de autónomos.
Dende a web Autonomosgalicia.org ponse á disposición dos autónomos galegos publicacións específicas como a Guía Básica do Autónomo e os Cadernos do Autónomo, unha serie da que actualmente xa se publicaron cadernos sobre os Instrumentos Básicos de Financiamento, Fiscalidade, A Xestión de Tesouraría, Comunicación e Técnicas de Venda, Merchandising Visual e Contratos Mercantís.
Esta iniciativa tamén inclúe un plan de formación de carácter xeral e de carácter sectorial, orientado a mellorar a formación específica deste colectivo, unha petición que ven sendo habitual entre as asociacións de autónomos.
Economía e Industria apoia aos autónomos galegos a través dunha nova plataforma web
Compartir Este Artigo
