Postcards from the Stars é unha plataforma en liña na que ofrecen video-postais personalizables nas que polo momento só está dispoñible unha estrela internacional, o cantante Ricky Martin, do que contan cunha inmensa colección de gravacións con nomes de remitentes e destinatarios, localidades e mensaxes que combinan nun vídeo final para remitirllo á persoa que desexemos, aínda que por desgraza non é un servizo de balde, senón que cobran 3,99 dólares (2,84 euros) a través da plataforma de pago PayPal, o que resulta bastante sorprendente porque outras solucións semellantes no pasado (como as felicitacións de Nadal personalizadas) estaban financiadas mediante publicidade.
Entendemos que este servizo pode ter certo éxito para felicitacións de aniversario, aínda que o prezo pode ser un importante atranco. De todos os xeitos, agardan incrementar o número de famosos neste servizo, e actualmente xa están o cantante Marcos Witt e o futbolista Memo Ochoa, ultiman a incorporación de Luis Fonsi e están en negociacións con outros artistas pouco coñecidos fóra de Puerto Rico, país no que nace esta iniciativa.
Ricky Martin incorpórase a un servizo de video-postais en liña
Compartir Este Artigo
