Os usuarios da Nintendo DSi estarán contentos ao comprobar que Nintendo cumpre co prometido e a nova versión do firmware da consola (a 1.4) incorpora o soporte de Facebook, de xeito que as fotografías tomadas coma cámara da consola portátil poderán compartirse de xeito doado na plataforma de redes sociais creada por Mark Zuckerberg.
Pero esta non é a única novidade do novo firmware, senón que tamén actualizaron o sistema de seguridade da consola para que moitos dos cartuchos que permiten executar software non oficial e xogos piratas deixen de funcionar. Precisamente tendo iso en conta, algúns destes dispositivos pensados en superar as barreiras de seguridade da DSi integran unha tecnoloxía de actualizacións, de xeito que comeza a carreira ao gato e o rato entre os piratas e Nintendo.
A Nintendo DSi incorpora soporte de Facebook
Compartir Este Artigo
