O popular e curioso Informe Robson asegura que os mozos non utilizan habitualmente servizos coma Twitter, e agora é a consultora Nielsen Stanley a que confirma iso mesmo valéndose de datos recollidos entre un panel de 250.000 internautas estadounidenses, no que se reflicte un importante crecemento de Twitter na primeira metade de 2009 ata chegar ao 10,7% dos usuarios da Rede, resultando especialmente curioso que os menores de 25 anos só supoñen o 16% dos usuarios de Twitter baseándose en datos do mes de xuño.
Estes datos refírense á páxina web de Twitter, e non a outras plataformas de acceso a este plataforma, pois tamén destacan que o 90% usuarios de TweetDeck (popular cliente de escritorio para Twitter) teñen máis de 25 anos.
Resulta curioso que o crecemento de Twitter non estea promovido polos mozos, senón por un grupo de usuarios dos que era de agardar unha maior resistencia a este tipo de servizos.
Twitter ten poucos usuarios mozos
Compartir Este Artigo
