A filtración á Rede dunha copia de Windows 7 dirixida a equipos de Lenovo que pode activarse completamente a través dunha chave mestra que permite a súa instalación en ordenadores de calquera marca, o que levou a Microsoft a tomar medidas, e agora confirma que o número de activación utilizado pasa a formar parte dunha listaxe negra, de xeito que as actualizacións descargables a través de Windows Update detectarán a copia de Windows coma non xenuína.
Microsoft tamén está a traballar con Lenovo para que os usuarios dos equipos deste fabricante con Windows 7 preinstalado non se vexan afectados polas novas medidas tomadas para protexer tanto a Microsoft da piratería coma aos consumidores de software malicioso, que pode colarse de xeito doado coas copias que circulan pola Internet.
Microsoft toma medidas contra a filtración de Windows 7
Compartir Este Artigo
