Dende Google queren popularizar os seus servizos de aplicacións dirixidos a empresas baseándose nas vantaxes que supón deixar os problemas técnicos a unha compañía tan fiable como a que manexa o buscador de Internet máis utilizado a nivel mundial, e así preparan a campaña Going Google para promocionar as Google Apps (que integran dende Gmail ata Google Calendar, polo que podemos entender que son a alternativa web ao Microsoft Office).
Actualmente xa hai 1,75 millóns de empresas, escolas e organizacións empregando esta solución de Google para o correo electrónico e outras funcións ofimáticas, que liberan aos responsables TIC de cada empresa de instalar e administrar servidores de correo e outros sistemas para compartir documentos, xa que todo iso pode facerse apoiándose na Internet. A nova campaña promocional chegará a Boston, Chicago, New York e San Francisco, de xeito que os cidadáns que se movan por esas cidades poderán ver enormes carteis dando a coñecer os servizos de Google Apps do xeito que podemos ver no seguinte vídeo:
Campaña para dar a coñecer as Google Apps nos EE.UU.
Compartir Este Artigo
