
Delicious permite facer máis doada a busca entre os centos de marcadores que teñen algúns usuarios, mediante unha liña de tempo avanzada e controis de filtrado por etiquetas. Nos resultados de busca tamén presenta vídeos de YouTube (reproducibles directamente), imaxes de Flickr e datos locais de Yelp.
Tamén estrean unha sección de Fresh Bookmarks na que recollen o último no que se está a falar na Internet, incluíndo ás discusións en Twitter, e incluso posibilitan o tuiteo ou o envío por correo electrónico das páxinas web que o usuario engada aos seus marcadores.
Delicious mellora integrándose con Twitter e potenciando as buscas
Compartir Este Artigo
