Durante os últimos 7 días os usuarios da iTunes Store puideron descargar de balde o tema Boogie Vigo do álbum Jugando da rapeira galega Aíd. Apple ofrece todas as semanas unha serie de temas a descargar de xeito gratuíto, o que é unha oportunidade para moitos artistas, que ven mellorar así a súa visibilidade, e aínda que non hai datos oficiais do número de descargas acadadas pola cantante viguesa, notouse un incremento de visitas na súa páxina en MySpace dende México e EE.UU., aínda que boa parte do seu público non entenda o que rapea, de aí que estean a traballar na tradución das letras dos seus temas ao inglés, que publicarán nos vindeiros días na web para que os norteamericanos poidan coñecer o significado das rimas de Aíd.

iTunes ofreceu de balde durante unha semana un tema musical dunha rapeira viguesa
Compartir Este Artigo
