O magnate de orixe australiana e propietario de News Corporation, Rupert Murdoch, confirmou que cobrarán polo acceso «a todos as nosas páxinas web de novas», o que no pasado supuxo un rotundo fracaso, pero que a volta ao financiamento mediante publicidade tampouco é capaz de soster o negocio nestes momentos de crise, o que fai que a futuro da prensa continúa a ser unha incógnita.
Murdoch pensa que o resto de medios seguirán os seus pasos, e cobrarán tamén polos contidos, opinión que non comparten moitos, posto que os usuarios están afeitos a non pagar polo acceso á información na Rede, e limitar o número de lectores tamén minará os ingresos publicitarios.
Este cambio de estratexia de News Corporation vén provocado por uns malos resultados económicos, cunhas perdas netas trimestrais de 203 millóns de dólares (fronte a uns beneficios de 1.100 millóns no mesmo trimestre do ano pasado), e Murdoch considera que o actual modelo de negocio non é atinado pois «o xornalismo de calidade non é barato», matizando que «a revolución dixital abre novas e económicas canles de distribución pero non fai que o contido sexa de balde».
Rupert Murdoch confirma que o acceso aos seus xornais na web será de pago
Compartir Este Artigo
