Táboa coas posibles actualizacións a Windows 7Falta menos para que Windows 7 chegue ao mercado, e para axudar a decidir entre as distintas versións ás que actualizar, elaboraron un cadro no que indican as versións que poden contar con actualización directa e as que precisan dunha instalación limpa. Por desgraza, a última versión e a predominante, e para poder actualizar directamente o normal é instalar versións equivalente, ou sexa, pasar de Windows Vista Home Premium de 32 bits a Windows 7 Home Premium de 32 bit ou de Windows Vista Business de 64 bits a Windows 7 Professional de 64 bits, aínda que no caso de pasar á versión Ultimate é posible actualizar dende case calquera versión de Vista (sempre que non pasemos de 32 bits a 64 bits ou viceversa). O Windows XP e o Windows Vista Starter, pola súa conta, non permiten unha actualización sinxela. Precisamente nestes casos é preciso que sexa o propio usuario o que teña que facer copia de seguridade dos seus arquivos, pois o Windows 7 instalarse dende cero. Para facilitar esta tarefa incluirase unha aplicación chamada Easy Transfer que asiste na copia de ficheiros, pero non evita que haxa que reinstalar todos os programas actuais, polo que sería un mero asistente de copias de seguridade.