O vindeiro mércores remata o prazo para votar no concurso musical A Polo Ghit 09, que nesta cuarta edición continúa a buscar a canción galega do verán grazas á colaboración de Vieiros e a Radio Galega, de xeito que o vindeiro sábado poderase escoitar a través das ondas a relación dos 10 finalistas desta entrega, pasando a coñecerse os gañadores absolutos (un seleccionado polo público e outro polo xurado) o sábado 22.
Dende Vieiros fixeron un repaso das 3 anteriores edicións do certame, lembrando que é posible descargar de xeito libre os discos compactos das edicións de 2006 e de 2008, mentres que a música da edición de 2007 está accesible dende a súa vella páxina web nas súa versión para móbil.
Este mércores péchanse as votacións para A Polo Ghit 09
Compartir Este Artigo
