De cara ao lanzamento do Windows 7 o vindeiro 22 de outubro, Microsoft está a preparar a apertura dunha cafetería no número 47 do Boulevard Sébastopol de París que terá coma nome Windows Café, e que só estará aberto durante un par de semanas, para amosar ao público os produtos de Microsoft, de xeito que poderán probar en primeira persoa a Xbox 360, teléfonos móbiles intelixentes e moitos outros produtos, que non poderán mercarse in situ, pois no local limitaranse a servir bebidas e aperitivos.
Esta iniciativa parece ser unha das moitas que prepara a compañía de Redmond chamar a atención sobre o novo Windows 7, e de seguro que o local de hostalería parisiense vai converterse nun dos referentes á hora de informar sobre o novo sistema operativo de Microsoft.
Microsoft abrirá unha cafetaría en París
Compartir Este Artigo
