O dicionario de galego en liña de Ir Indo vén a dar un paso adiante de cara á súa socialización na web permitindo que os administradores de páxinas web que o desexen poidan empregar un código para invocar á súa ferramenta de consulta, para que ao facer dobre clic sobre unha palabra poidamos acceder á súa definición.
O enderezo web que cárgase con cada definición é da forma http://www.digalego.com/diccionario/Html/muestra_palabra.php?op=ver&buscado= ao que engadiríase a palabra a consultar, de xeito que tamén tería a súa utilidade coma ligazón permanente para certas definicións, mellorando a utilidade desta ferramenta web de Ir Indo.
O dicionario de galego de Ir Indo estrea ferramentas para webmasters
Compartir Este Artigo
