O Concello de Cee pedirá a Retegal que amplíe a cobertura de TDT no seu municipio pois denuncian que aínda que un informe da Xunta asegura que é superior ao 90% o propio alcalde, Ramón Vigo, cifra tal cantidade en apenas o 60%, á vez que o voceiro municipal do BNG, Daniel Oca, asegura que «nunca houbo un trato igualitario» por parte de Retegal cara a Cee.
Na propia páxina web do Concello, e atendendo a unha consulta cidadá, o alcalde asegurou que están a traballar con Retegal e a Secretaría de Medios da Xunta para instalar os microemisores dixitais precisos para dar cobertura ás parroquias de Toba, Pereiriña, Lires e Ameixenda de forma inicial, para procurar unha cobertura do 100%.
Cee busca mellorar a súa cobertura de TDT
Compartir Este Artigo
