Dende Twitter están a traballar na incorporación dunha nova funcionalidade: as listaxes. Esta característica pretendería servir para crear conxuntos de usuarios que poderán compartirse, de xeito que outros usuarios terán así facilidades á hora de engadir a outros usuarios en bloque, aínda que estas listaxe poden ser tanto públicas coma privadas.
Esta característica está a ser incorporada por demanda popular, e anuncian que en breve a integrarán na API do servizo para que as aplicacións que comunican con Twitter poidan tirar proveito desta funcionalidade en breve.
Twitter permitirá crear listaxes de usuarios
Compartir Este Artigo
