A poucos días do lanzamento comercial da PSPgo, xa comezan a aparecen vulnerabilidades na consola portátil de Sony, que poderían posibilitar no futuro a piratería de videoxogos, o que podería ser especialmente lesivo para este dispositivo orientado unicamente ás descargar dixitais, aínda que polo momento só atoparon un método para modificar parte dos datos da PSPgo aproveitando unha partida gardada modificada para tal fin, aínda que non dan detalles sobre a vulnerabilidade, en boa medida, para evitar que a corrixan antes de que poida tirarse proveito da mesma.
O autor do hackeo, FreePlay, asegura que a vulnerabilidade atopada non permite sobreescribir o firmware da consola e, de feito, só consegue acceso aos datos almacenados en modo usuario, polo que de momento dende Sony poden estar tranquilos.
Vídeo no que pode comprobarse a vulnerabilidade detectada
Detectan o primeiro fallo de seguridade da nova PSPgo
Compartir Este Artigo
