O voceiro da libraría Barnes & Noble, Daniel Jorensson, comentou nun vídeo que podemos ver en YouTube, que a súa empresa está preparar o lanzamento dun lector de libros electrónicos en cor desenvolvido por Plastic Logic e que sairía ao mercado na primavera de 2010, aínda que por outra banda tamén habería que destacar o feito de que Barnes & Noble podería lanzar un lector de libros electrónicos de 6 polgadas en branco e negro para o mes de novembro, e que contaría cunha pantalla táctil, polo que podería chegar coma unha interesante alternativa ao Amazon Kindle, aínda que cómpre destacar que o catálogo de libros electrónico de B&N é moi superior ao de Amazon e tamén estará dispoñible a través doutros dispositivos coma o IREX DR800SG.
De feito, B&N xa conta actualmente con lector de libros electrónicos para PC/Mac, terminais Blackberry, iPhone e iPod Touch, polo que dá a impresión de que a estratexia desta compañía é seguir os pasos de Amazon, aínda que procurando tomarlle vantaxe co seu grande catálogo e a estrea da cor.
Dende Amazon, pola súa banda, tamén están a preparar o lanzamento internacional do Kindle DX (lector con pantalla de 9,6 polgadas), que podería baixar o seu prezo á vez que salta a fóra dos EE.UU., dun xeito semellante ao que fixeron esta mesma semana co Kindle 2.

Daniel Jorensson anunciando que B&N comercializará un e-reader a cor na primavera |
