Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xornal de Galicia pon atrancos á súa propia páxina web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xornal de Galicia pon atrancos á súa propia páxina web

Marcus Fernández
Publicado: 22/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornal.com_20091022_destacado.jpgEn decembro de 2008 o Xornal de Galicia asumiu o dominio Xornal.com (ata o momento, medio dixital independente) para modificar a súa imaxe o pasado mes de marzo no que aseguraban que era unha medida de proximidade aos lectores, polo que sorprende que hoxe comecen a remar no sentido contrario, anunciando que na súa páxina web retrasan a publicación das súas novas exclusivas, que poderán lerse antes na súa edición impresa, co que buscan mellorar as súas vendas.
Definen este cambio de rumbo como unha «innovación periodística», cando entre os seus lectores parece haber unanimidade en que é xusto o contrario, en un momento no que os medios impresos avanzan cara á súa dixitalización, reforzar as edicións físicas resulta unha medida retrógrada.
A información coa que estrean a nova política do Xornal de Galicia é relativa ao caso Gürtel e, máis concretamente, á situación de Pablo Crespo coma conselleiro de Portos de Galicia, aínda que a omisión destes detalles en Xornal.com parece un erro evidente, pois outros medios de comunicación (tanto tradicionais coma en liña) están a falar desta nova, polo que a forza da exclusividade perdeuse totalmente, desvalorizando a edición electrónica do Xornal de Galicia.
En relación coas informacións embargadas, José Luis Gómez, director de Xornal de Galicia, asegura que «os lectores de Internet tamén terán estas novas pola tarde, pero pola mañá pretendemos ofrecer un plus aos lectores que compran cada día o xornal, sexan no quiosco o mediante subscrición. Sen eles non serían posibles esas exclusivas, xa que non habería xeito de pagar aos xornalistas que escriben reportaxes así», resultando un tanto discutible a súa última afirmación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?