Malia que aínda queda moito máis camiño por andar do que levamos andado (sobre todo no rural e entre os nosos maiores), a fenda dixital que nos afasta (precisamente) do dixital é cada vez menos fenda. Conmemorar isto e celebrar que teñamos as ideas que teñamos seguimos a ollar cara a adiante é un dos grandes obxectivos da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, encontro anual que vai pola súa XIV edición e que de novo contará co Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG e AETG) en labores de organización.
Máis polo miúdo, o seu obxectivo será o seguinte: fomentar as ligazóns entre os profesionais deste eido e asentarse como marco para recoñecer o traballo daquelas persoas que máis teñan salientado dentro da promoción tecnolóxica dende ámbitos diversos de actividade.
Por certo a Noite XIV, que se celebra este 20 de novembro na Illa da Toxa, xirará arredor dunha das cuestións tecnolóxicas que máis debate xera en todo tipo de espazos, dende os máis especializados ata os que menos teñen que ver co seu asentamento e co seu despregue. Estamos a falar da televisión dixital, presentada na Noite como un avance tecnolóxico e social de primeira orde. Polo que se refire á convocatoria e á participación, dicir que a idea dos organizadores é reunir baixo o mesmo teito a tódolos enxeñeiros de Telecomunicación que forman parte do noso colectivo, “máis aquelas autoridades e persoeiros públicos e privadas relacionadas co sector”, engaden.
Programa da Noite
Lugar: Gran Hotel A Toxa
20,15 h. Cóctel de Benvida
21.00 h. Comezo da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
· Acto de presentación da Televisión Dixital, un avance tecnolóxico e social
· Intervencións:
Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios.
Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
· Acto de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
– Premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TIC
– Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada no Sector TIC
– Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
– Premio á Mellor Aplicación TIC
– Premio Enxeñeiro do Ano 2009
– Socio de Honra da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia 2009
· Intervencións:
Enxeñeiro do Ano
Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia, Ramón
Bermúdez de Castro Olavide.
Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
22,10 h. Cea de gala
A Noite das Telecomunicacións xirará arredor do pulo económico e social da televisión dixital
Compartir Este Artigo

