Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: eLaboro achégalle a súa plataforma de xestión á policía de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

eLaboro achégalle a súa plataforma de xestión á policía de Pontevedra

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/11/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

elaboro-2.jpgSe a innovación dixital vale para manternos máis e mellor comunicados, era de agardar que máis tarde ou máis cedo esa mesma tecnoloxía se puxera ao servizo dun dos sectores profesionais que precisamente máis require da posta en xogo de sistemas de comunicación completos e fiables: os corpos policiais. Con todo, o realmente salientable desta aplicación en concreto das novas ferramentas é que a nosa industria tamén participa, e arreo, no proceso. Un exemplo disto constitúeo a tecnoloxía que vén da man da firma compostelá eLaboro, que logo de adaptar os seus servizos aos departamentos policiais de cidades como Cádiz ou Xixón, vén de afondar neste espallamento coa incorporación de Pontevedra.
Máis polo miúdo, do que se trata é de dotar á Policía Local da cidade do Lérez co dispositivo ePatrol deseñado pola firma eLaboro co obxectivo de xestionar tódolos seus procesos administrativos, ata o control sobre os casos de violencia de xénero.
A plataforma ePatrol, baseada en software libre, achega importantes posibilidades á hora de facilitar e axilizar as xestións cotiás dun corpo policial, como por exemplo denuncias de tráfico, procura e localización de vehículos abandonados, atestados, obxectos perdidos ou xestión documental propia.
Asemade, tal e como dixemos, á longa listaxe de aplicacións cómpre engadir agora o traballo tecnolóxico no eido do seguimento dos casos de violencia de xénero. Como apoio de equipamento, o servizo apóiase no emprego “extensivo” de PDAs que incorporan tódolos expedientes afectados, así como o historial que se vaia xerando. Segundo explican os responsables do desenvolvemento desta plataforma, esta vai dirixida a coordinar o seguimento no tempo das persoas implicadas e coordina axentes perante a necesidade dunha actuación rápida. Achega asemade a opción de facer consultas básicas como o censo de habitantes ou localización de axentes e vehículos, e pode empregarse como xestor documental, levando a cabo tarefas de axenda e achegando datos estatísticos en tempo real.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?