Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo acolle este xoves unha xornada sobre TICs ao servizo do noso agro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo acolle este xoves unha xornada sobre TICs ao servizo do noso agro

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fundacion_cel_site_xornada_rural.jpgA Sociedade da Información, de non corrixilo, será nun futuro moi próximo privilexio de quen vive ao seu alcance. Ou sexa, de quen xa está nela con toda probabilidade. O resto dos sectores téñeno dobremente complicado: nin están nela, nin a teñen tan preto nin, de habela, é de tanta calidade. A maiores e para enlear un pouco máis as cousas, os datos cos que contan das vantaxes e ferramentas das novas canles da comunicación son moitas veces menores cós dos sectores máis dixitalizados. Traballar para corrixir este punto é un do obxectivos da sétima e última xornada do Proxecto EmprendeTIC 2009: A implantación das TIC no medio rural. Todo o que preciso coñecer para mellorar a produción das explotacións mediante as novas tecnoloxías.
O evento, organizado pola Fundación CEL e AFRICOR Lugo na Sala de Innovación Tecnolóxica da primeira entidade, vai dirixido a informar polo miúdo das aplicacións informáticas e plataformas web máis útiles para mellorar a rendibilidade do subsector gandeiro.
A xornada, que terá o apoio da Obra Social de Caixa Galicia e da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, contará coa presenza de profesores do Instituto de Secundaria As Mercedes, responsables xuntos cos seus alumnos do desenvolvemento dun sistema para a produción de auga quente sanitaria e calefacción a través da recuperación da calor nun tanque de leite.
Asemade, participarán na sesión divulgativa os responsables da firma lucense XAN (deseñadora dun prégama informático para a xestión integral das explotacións de gando), de AFRICOR Lugo (que conta cunha plataforma de balde para o control leiteiro), da empresa Moroán (que centra o seu traballo na aplicación da tecnoloxía analítica NIR nas explotacións gandeiras) e a firma Lugo IGN, especializada na achega de servizos para a xestión innovadora e de empresas e institucións.
A previsión dos organizadores é reunir a preto de 200 persoas de toda a provincia. A xornada comeza este xoves 19 ás 9.30 horas, e os relatorios iranse desenvolvendo o salón central do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, sendo o devandito SITE o emprazamento para as demostracións de software.
Ás 13.30 horas está previsto un acto de clausura institucional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?