Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG organiza a partir deste sábado un curso intensivo sobre peritaxe informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG organiza a partir deste sábado un curso intensivo sobre peritaxe informática

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/11/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

peritaxe_tic.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) segue adiante co seu traballo de formación interna destinado á acadar a meirande participación dos seus membros en sectores non directa nin exclusivamente ligados aos dixitais. Nesta mesma liña insírese, precisamente, o Curso de Peritaxes e Informática Forense 2009 que comeza este venres no Hotel Porta do Camiño de Compostela. A actividade, que ten continuidade o sábado seguinte e a vindeira fin de semana, contará coa presenza de especialistas de renome no eido da divulgación e de arredor de 40 persoas inscritas: enxeñeiras e enxeñeiras en informática que terán unha boa oportunidade de formarse na realización de peritaxes. O obxectivo do Corpo Oficial de Peritos (COP) do CPEIG é cooperar coa Administración de Xustiza segundo o establecido polo artigo 335 da Lei de Enxuizamento Civil e de acordo co estipulado nos estatutos do Colexio.
Segundo informa o CPEIG, cidadáns e empresas poden acollerse a este servizo en casos penais, civís, sociais, particulares e seguros, entre outros. E engade: “Os resultados da peritaxe informática dan como resultado un informe pericial que é o documento redactado polo perito informático, no que se expoñen as conclusións obtidas polo experto trala investigación dun caso”.
Deste xeito, prosegue, o informe contribúe a precisar se o incidente do que se sospeita se levou a cabo ou non, a procurar probas que poidan aclarar cómo se produciu ese feito ou a recuperar datos que estean perdidos. Neste senso e co fin de aclarar a natureza exacta destes traballos, cómpre dicir que os labores do dito COP poden ligarse ao achado de segredos ou espionaxe industrial, delitos económicos contra o mercado ou os consumidores por medio de canles informáticas, delitos contra a propiedade industrial ou ben intelectual, vulneración da intimidade ou lectura de correo electrónico.
Para poder facer uso do servizo de peritaxe do CPEIG, as persoas que estean interesadas poden contactar coa Comisión de Peritaxes a través do sitio web do Colexio ou ben mediante o teléfono 981 553 355.
Relatores e programa do curso
Venres 20 novembro (17:00 – 21:00)
· Cristina Nebot. Avogada e socia de Pintos & Salgado, bufete especializado na achega de solucións xurídicas no ámbito das novas tecnoloxías.
Sábado 21 novembro (10:00 – 18:00)
· Eduard Elías i Vila. Enxeñeiro en Informática. Ex-presidente do Colegio de Ingenieros en Informática de Cataluña e do CCII. Perito informático con ampla experiencia.
Sábado 21 novembro (18:00 – 20:00)
· Mesa redonda con Eduard Elías, Juan Otero (doutor en Informática, secretario de AEIG, membro da Comisión de Promoción da Profesión do CPEIG e perito informático), Antón Campos (enxeñeiro en Informática, membro da Xunta de Goberno da AEIG, vicetesoureiro do CPEIG e perito informático). Moderador: Ángel Fernández Gándara (enxeñeiro en Informática, vicesecretario do CPEIG e presidente da Comisión de Peritaxes do colexio).
Venres 27 novembro (17:00 – 21:00)
· Javier Pagés. Enxeñeiro en Informática, presidente de AI2 (Federación Nacional de Asociaciones de Ingenieros en Informática), membro da executiva do CCII e de varias asociacións entre as que destacan Infoperitos (Grupo de Peritos Informáticos de AI2 Madrid) e ISSA-España (Information Systems Security Association, capítulo Español de ISSA, Asociación Profesional Internacional especializada en la Seguridad de los Sistemas Informáticos). Perito con máis de 10 anos de experiencia e numerosos cursos impartidos.
Sábado 28 de novembro (9:30 -13:30)
· Luis María Uriarte. Avogado. Actualmente é fiscal da Audiencia
Provincial de Pontevedra e membro do Consejo Fiscal, órgano de Goberno do Ministerio Público. Autor de distintos libros.
· Antonio Piña Alonso. Xuíz decano de Ourense.
· Mesa redonda moderada por Fernando Suárez (enxeñeiro en Informática e presidente do CPEIG).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?