Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Secretaría Xeral de Medios presenta un titorial sobre a TDT dispoñible na Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Secretaría Xeral de Medios presenta un titorial sobre a TDT dispoñible na Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia

Redacción
Publicado: 20/11/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tdt_titorial.jpgA xefa de servizo de Programación Multimedia, da Secretaría Xeral de Medios, Felicitas Rodríguez, e o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Xosé Pereira, presentaron hoxe un titorial sobre a TDT co obxectivo de amosar a todos os usuarios da Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia as vantaxes que ofrece este novo sistema fronte á forma tradicional de ver a televisión. O titorial presentouse hoxe no Centro Multimedia de Galicia de Santiago de Compostela e puido seguirse a través de videoconferencia nos Telecentros de Comunicación de Abegondo, Tui, Vilagarcía de Arousa, Guitiriz e O Barco de Valdeorras.
Felicitas Rodríguez lembrou que este titorial «desenvólvese no marco do proxecto multimedia de formación da campaña Comunícate», que a Secretaría Xeral de Medios desenvolve para dar a coñecer a Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (RTC). Trátase dunha serie de titoriais interactivos que teñen o obxectivo común de facilitar aos usuarios dos Telecentros de Comunicación determinadas funcionalidades e potencialidades que se poden realizar dende os mesmos.
Dende hoxe, o titorial sobre a TDT estará dispoñible, para todos aqueles interesados, nos telecentros de comunicación que a Secretaría Xeral de Medios ten repartidos nas catro provincias galegas. O acabado de nomear decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, José Pereira, felicitou durante a súa intervención á Secretaría Xeral de Medios por este tipo de iniciativas «necesarias para que os cidadáns coñezan todos os pasos a seguir e poidan estar preparados de cara ao tan anunciado apagamento analóxico».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?