Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A dixitalización de documentos históricos de Santiago xa chegou a 63.000 escrituras notariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A dixitalización de documentos históricos de Santiago xa chegou a 63.000 escrituras notariais

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

urbe.jpgO Programa Urbe, do que falamos hai uns anos con motivo do asentamento dos seus alicerces (alá en 2007), vén de presentar froitos tecnolóxicos. Para situármonos trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Consorcio e a Universidade de Santiago dirixida a botar man dos novos espazos dixitais (amplos de abondo, accesibles ata que se amose o contrario e, nas condicións idóneas, ceibes dos diferentes estragos que lles afectan aos soportes do coñecemento tradicionais) para dar acubillo a todos os fondos documentais da cidade e crear unha ferramenta informática básica de consulta e documentación.
Pois ben, segundo informan as entidades responsables do desenvolvemento, a día de hoxe xa hai máis de 63.000 escrituras notariais dixitalizadas, o que dá como resultado unhas 300.000 imaxes xeradas. Este inxente coñecemento xerado, lonxe de proceder da nada, extráese de dúas das bases de datos que máis e mellor dan conta da historia de Santiago de Compostela: o Arquivo Universitario e máis o Arquivo da Catedral.
A iniciativa, que asume deste xeito a súa recta final (o último ano de traballo dos catro estipulados), incluíu uns orzamentos anuais de 120.000 euros. Segundo conta o Consorcio, para o desenvolvemento do Programa creouse un equipo de traballo dirixido polo catedrático de historia medieval da USC, Fernando López Alsina, e integrado por arquiveiros e documentalistas. Tamén coordinan o proxecto o canónigo arquiveiro da Catedral, o deán José María Díaz Fernández, a directora do Arquivo Histórico da USC, María José Justo, e o responsable de estudos históricos e publicacións do Consorcio de Santiago, Juan Conde.
O traballo, sinala a entidade compostelá, deu comezo coa busca e identificación dos documentos e catálogos máis salientables dende o punto de vista histórico da cidade, abordándose logo a organización dunha base de datos dixital dos documentos. A idea, con isto e con outras propostas que inclúe Urbe, é favorecer dous procesos teoricamente opostos pero na práctica máis que compatibles: pór a información creada ao alcance da cidadanía (a través da Rede) e, tamén, preservar para sempre os datos achegados polos devanditos fondos documentais.
Os documentos dixitalizados xa se poden consultar nas webs do Arquivo Universitario e do Arquivo da Catedral.
Os datos creados ao abeiro do Programa Urbe, engade o Consorcio, pasarán tamén a formar parte do Sistema de Información Patrimonial, un sistema informático de xestión espacial da realidade urbana de Santiago. “Do mesmo xeito, será unha ferramenta fundamental do futuro Museo das Peregrinacións e de Santiago, cuxa sede futura está a acondicionar o Consorcio de Santiago no edificio do antigo Banco de España”, sinala.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?