Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGANET contabilizou 221 candidaturas presentadas aos seus premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGANET contabilizou 221 candidaturas presentadas aos seus premios

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/11/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premios_eganet-2.jpgEGANET vén de facer reconto da participación acadada nos seus premios anuais logo de pechar o prazo para recibir iniciativas aspirantes. Segundo conta a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet, foron un total de 135 as empresas e entidades que enviaron as súas respectivas candidaturas, a través de 221 propostas presentadas nas diferentes modalidades do certame, aos devanditos recoñecementos TIC. Segundo comenta a directiva da entidade empresarial, un dos datos máis salientables que se extrae deste prazo para a presentación de propostas é o afianzamento dos galardóns como referencia no seu eido a nivel galego.
Deste xeito, engade, na pasada edición competiron 74 empresas e entidades (fronte ás 135 devanditas da presente edición) mediante un total de 182 candidaturas (fronte ás 221 da edición deste ano). As categorías son nove, ás que se engade o Premio Especial Eganet, que a asociación outorga ao proxecto, entidade ou personalidade galega que máis e mellor traballo despregase ao longo do ano en materia de promoción TIC.
As nove categorías para as que Eganet recibiu candidaturas son as seguintes: Premio E-Emprendedores; Premio Cultura Dixital; Premio Software Libre; Premio Tecnoloxía Accesible; Premio Comunicación Web; Premio Mellor Ambiente Laboral, novidade da presente edición; Premio Publicidade Online; Premio E-Comerce; e Premio á Mellor Aplicación Online. As modalidades con maior número de candidaturas recibidas na presente edición dos premios, 50 en cada un dos casos, son a de Comunicación Web e a de E-Comerce.
Cómpre lembrar que a gala para a entrega de galardóns celebrarase o vindeiro 16 de decembro no Auditorio de Galicia de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?