Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Berrogüetto lanza de balde na Rede o adianto do seu novo disco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Berrogüetto lanza de balde na Rede o adianto do seu novo disco

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/11/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

berroguetto_2.jpgNon é preciso irse lonxe da nosa terra para dar conta de iniciativas de promoción musical que non xurdan dende o comezo condenando e criminalizando o intercambio libre de cancións en Internet. Desta volta toca falar dun grupo que nos toca ben de preto e un dos que máis ten feito polo espallamento da nosa música, ben lonxe do modelo que por desgraza semella querer impoñerse: o modelo de souvenir de turistas. Estamos falar de Berrogüetto, que co seu novo álbum Kosmogonías lánzase a tirar partido da Internet como un espazo idóneo para estar en contacto cos seus seareiros e darse a coñecer aos vindeiros afeccionados.
Segundo contan medios como Vieiros ou Xornal (que inclúe unha interesante entrevista con Xabier Díaz), Berrogüetto vén de estrear este xoves na Rede o primeiro tema tirado do seu quinto disco, a canción Danza de Meirol, que se pode descargar de balde dende a páxina de R.
Sobre esta aposta pola Rede como canle de promoción (lonxe do punto de vista de certas sociedades de xestión de dereitos, que só ven nela unha escusa para o roubo), o grupo está a amosarse positivo: “Somos os propietarios da música, pero este xesto aumenta as expectativas da xente para que veñan logo aos concertos”.
O tema presentado, adianto do novo traballo de Berrogüetto (que se prevé publicar en 2010), incorpora como novidade a voz do devandito Xabier Díaz, nova fichaxe da agrupación dende a despedida hai case dous anos de Guadi Galego. Dende o punto de vista temático, a devandita canción é unha homenaxe á tradición musical galega, froito das investigacións da banda ao longo e ancho da nosa xeografía, sobre todo procurando o miolo da lírica tradicional.
Cómpre engadir que este domingo ao mediodía, a agrupación organizará un pequeno concerto na feira AchegArte da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?