Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Panda anima aos internautas a que conten as súas experiencias dixitais máis estresantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Panda anima aos internautas a que conten as súas experiencias dixitais máis estresantes

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

panda_concurso_estres.jpgUn computador que falla é un computador que pon a proba a nosa paciencia. E máis, tendo en conta que, con arroutadas ou sen elas, dá acubillo á nosa información ou, para entendérmonos, a unha parte importante de nós mesmos. Por outra banda, tamén é certo que ao ordenador se lle esixe moito e xa non lle pasamos unha. Segundo se desprende dun informe de Panda Security, se obramos así co equipo, poñéndoo contra as cordas se funciona mal, é porque xa non é un trebello máis. Se o aspirador falla, botamos man da vasoira, pero sen as vantaxes de coñecemento persoal e laboral que achega o ordenador estaremos camiñando directos cara a un ataque de nervios. O informe tamén vai directo a pór de relevo este punto: segundo o 63% das persoas que participaron no dito estudo, as incidencias computacionais poden ser causas de estrés, máis polo miúdo “dun nivel medio-alto de nerviosismo que chega no 7% dos casos enquisados á un chanzo de absoluta desesperación”.
O informe, que sostén cos datos que achega a posta en marcha dun concurso que anima aos internautas a dar conta polo medio audiovisual das situacións máis desesperantes en materia TIC (e que inclúe premios de ata 1.500 euros), enumera diferentes causas de desacougo dixital.
· A desaparición do punteiro do rato. Só o 41% dos enquisados decide tomalo con calma e empregar o teclado en substitución.
· Os fallos na conexión a Internet. O máis común, neste senso, é optar polo reinicio do router (un 58% dos internautas) ou do computador (o 30%).
· Os pantallazos azuis. Cando aparecen, unicamente algo máis da metade dos usuarios decide pararse a ler o texto de erro.
· A demora no arrinque do computador. Arredor dun 37% dos enquisados confesa entrar nun estado de desacougo que non leva a ningunha parte. A cuarta parte dos internautas lánzase a investigar as causas da lentitude.
Estes e outros problemas, sinala Panda, débense sobre todo a entrada de programas infecciosos a través de Internet ou diferentes dispositivos infectados, e prosegue a este respecto: “Segundo os nosos cálculos, un 98% do total dos computadores está infectado por algún tipo de código malicioso”.
Volvendo ao concurso co que Panda pretende reflectir estes e outros problemas, dicir que está previsto que comece hoxe mesmo (luns 30 de novembro) e finalice o xoves 7 de xaneiro ás 10.00 horas. Segundo informa a empresa de seguridade informática, esta será quen elixa entre todos os vídeos achegados ao longo deste período aqueles tres que mellor representen o desacougo que sofren os usuarios de computador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?