Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Industria convocará concursos para designar ao novo prestador do servizo universal a partir de 2011
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Industria convocará concursos para designar ao novo prestador do servizo universal a partir de 2011

Raquel Noya
Publicado: 02/12/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Sebastián anunciou o novo servizo universal no marco do FICOD
Sebastián anunciou o novo servizo universal no marco do FICOD
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a fin de mellorar a calidade dos servizos de telecomunicacións no noso país e poñer uns prezos máis accesibles para todo o mundo (tal e como anunciaba Miguel Sebastián a mediados do pasado mes de novembro) vén de publicar na súa web os resultados da consulta pública sobre o servizo universal pechada o pasado 26 de outubro, pola que se recibiron un total de 87 contestacións de usuarios a título individual, 11 de operadores, tres de institucións locais e autonómicas, dúas de organizacións sindicais e sociais e unha de empresas suministradoras de equipos e sistemas.
Á vista dos resultados da consulta, a devandita entidade pública vén de anunciar que incorporará a banda ancha ao servizo universal cunha velocidade mínima de baixada de 1 Mbps, e que nos vindeiros meses procederá a realizar as modificacións pertinentes do marco regulador do servizo universal, así como á convocatoria dos correspondentes concursos de designación de operador encargado da súa prestación a partir do 1 de xaneiro de 2011.
Respostas á consulta por temas:
-Banda ancha no servizo universal
A incorporación da banda ancha ao servizo universal cunhas prestacións mínimas de 1 Mbps de velocidade de baixada atopa un amplo respaldo no conxunto das respostas recibidas.
-Neutralidade tecnolóxica
A neutralidade tecnolóxica que implica a posibilidade de empregar accesos radioeléctricos como os proporcionados por redes móbiles, WiFi ou satélite, é demandada como “unha necesidade” por parte dos operadores e, en xeral, é aceptada polos usuarios, particularmente WiFi, “sempre que se equiparen as prestacións e prezos dos accesos a través de redes móbiles e con máis reparos respecto ao uso do satélite”.
O mesmo ocorre coa posibilidade de establecer límites no volumes de descargas, que é considerada como unha necesidade por parte dos operadores, “para garantir o bo funcionamento destos sistemas”, e é aceptada en boa medida polos usuarios “sempre que se limite a evitar abusos de una poucos que repercutan negativamente no servizo ofrecido aos demais”.
-Cabinas
Neste caso, o estudo contempla unha ampla coincidencia tanto na falta de interese polo servizo de acceso de banda ancha dende as mesmas, como na conveniencia de eliminar a obriga de aceptar o pago con moedas, aínda que dende os usuarios, matízase que se debe preservar unha oferta suficiente, en termos de distancia, de terminais que sí as acepten.
-Guías telefónicas
A opinión xeralizada con respecto ás guías telefónicas impresas é “que se debe flexibilizar a obriga de reparto automático, avogando por unha entrega selectiva a aqueles que previamente as soliciten”.
-Interesados en prestar o servizo
Expresan un posible interese en optar á designación como prestador do servizo universal: Telefónica, Vodafone, Orange e Hispasat. Tamén Euskaltel, para os elementos relativos ao acceso á Rede e as cabinas no ámbito do País Vasco, o Servizo de Consulta Telefónica 11888 e Yell Publicidad, no relativo ao elemento das guías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?