
O libro, informa Ineo, darase a coñecer o vindeiro 17 de decembro a partir das 12.30 horas no Auditorio do Edificio de Oficinas da Zona Franca de Vigo.
Os seus autores son Álvaro Gómez Vieites e Carlos Suárez Rey. Dase a casualidade de que o esforzo por conseguir a máxima cantidade de lectores non se limita ao feito de ter apostado por un manual práctico para acadar competitividade (e non puramente tecnolóxico), senón que tamén se pon de manifesto non convite aberto que a asociación lle lanza a tódolos sectores produtivos. “Xa que se trata dun libro de referencia en canto á aplicación das novas tecnoloxías do coñecemento nas empresas”, informa Ineo, “á presentación están convidadas non só as firmas do sector dixital senón tamén as compañías dos restantes sectores produtivos”.
Volvendo á publicación en si mesma, dicir que se trata dun traballo que avalía cómo os sistemas e canles tecnolóxicas da información representan unha ferramenta básica para a mellora da competitividade e tamén un soporte fundamental para acadar máis eficacia e rendibilidade na xestión nas organizacións. Como dixemos, o traballo non aposta por adoptar puntos de vista estritamente técnicos que adianten acontecementos, senón que comeza pola base: faise dende a perspectiva da aplicación dos sistemas e tecnoloxías ás organizacións.
Respecto á asistencia ao acto de presentación, dicir que se require confirmación e que esta deberá formalizarse antes do 15 de decembro a través do teléfono 902 905 510 ou ben mediante a conta de correo comunicacion@ineo.org. Os asistentes ao acto terán á súa disposición un exemplar do libro.
Por certo que está previsto que na cita do17 de decembro en Vigo faga acto de presenza a secretaria xeral de Modernización da Xunta de Galicia, Mar Pereira, quen terá ocasión de reunirse, previamente ao devandito acto, cos membros do Consello Consultivo de Ineo, unha xuntanza anual de carácter estratéxico na que se lle darán corpo ás liñas a seguir da asociación en materia de proxectos de colaboración e de competitividade.
Ineo presentará o día 17 un libro para introducir ás empresas no uso das TIC
Compartir Este Artigo

