Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A páxina web da edición galega do festival Sónar aposta pola nosa lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A páxina web da edición galega do festival Sónar aposta pola nosa lingua

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sonar_web.jpgPara quen ande aínda ancorado nas manifestacións artísticas de Luar e lle importe ben pouco ou nada a música que bota man dos computadores e dos novos contornos dixitais, dicirlle que para o vindeiro mes de xuño, tan afastado el nestes tempos de temporal a semana completa, o máis axeitado dende o punto de vista do lecer probablemente sexa non pór pés na Coruña. Máis en detalle na edición galega do Sónar Festival, certame de música nova e arte multimedia con datas confirmadas para os días 17, 18 e 19 do dito mes e que virá por partida dupla cunha convocatoria complementaria en Barcelona.
Pois ben, dase a circunstancia de que xa podemos consultar todo o relativo á edición galega do festival nunha páxina web posta en marcha recentemente e que amosa un salientable respecto polo noso ao vir toda a súa comunicación integramente en galego. Isto abrangue aos boletíns dixitais, segundo se informa dende galizaelectronica.com e se reflicte en Chuza.org.
Amais de todo isto, as informacións tamén poderán ser consultadas en catalán e inglés, incluída, como non podía ser doutro xeito, a versión do Sónar Barcelona, achegada en catalá. A maiores, o Sónar 2010 falará a nosa lingua a través da longametraxe coa que se pretende promover o festival, un filme que xira arredor dunha viaxe a Fisterra a través do Camiño de Santiago e que tamén estará accesible en galego. Segundo engade Galizaelectrónica, malia non ser habitual (por desgraza) que un certame que vén de fóra aposte por falarnos en galego, o certo é que a do Sónar non é a primeira vez que se fai. Previamente, o Creamfields tamén apostou por incluír a nosa lingua na comunicación web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?